Teatro Ó Cubo

Ningures

Data de estrea: 11/12/2020
Non se atoparon valoracións
TeatroDanza

    Ningures - Teatro Ó Cubo

    Presentación

    A través do humor, a danza, a manipulación de obxectos e o teatro físico, Teatro Ó Cubo lanza a súa cuarta produción,  marcada por unha nova estética e diálogo co público infantil e familiar. Unha peza que afonda nas metas e frustracións, nos propios retos, nos encontros e desencontros e nos medos que nos paralizan, poñendo en valor a amizade, o fracaso como parte do camiño e o respecto pola diversidade de cada quen. Unha viaxe pola vida mesma.

    Sinopse

    Dúas formas de ver o mundo. Dúas maneiras de chegar a un lugar. Dous xeitos de comportarse e un obxectivo común: chegar a Ningures. Rita e Denís, viaxeiras profesionais incansables, cruzan os seus camiños no misterioso limiar das portas de Ningures, lugar ansiado por todos os viaxeiros. Mais as portas agochan moitos segredos. Serán quen de atravesalas? Conseguirán o seu propósito? Superarán este reto?

    Ficha técnica/artística

    • Elenco:  Sofía Espiñeira, Roberto C Mouriño
    • Dirección e dramaturxia : Roberto C Mouriño
    • Idea orixinal: Teatro ó Cubo
    • Vestiario:  Carmen Pichel
    • Escenografía:  Beatriz de Vega
    • Fotografía:  Alex Sobrino
    • Iluminación:  J.L Baños de Cos
    Duración: 50 minutos
    Público: Familiar (5+)


    Próximas actuacións

    Non se atoparon eventos


    Mostrar actuacións pasadas

    Publicar unha valoración

    Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


    Deixa un comentario

    X

    Únete á Comunidade!

    Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!