Galicia Escena Pro

Este ano a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) conta coa asociación empresarial Escena Galega para a organización dunha nova edición da feira de artes escénicas Galicia Escena PRO (GEP).

Comeza así, con esta sétima edición, un novo enfoque na xestión do evento que manterá e reforzará as finalidades coas que naceu. A través dunha escolma de espectáculos de recente produción e doutras actividades, Galicia Escena PRO continúa a tomarlle o pulso á actualidade do sector. Ao tempo, bríndalles aos seus profesionais unha plataforma desde a que expoñer os seus novos traballos diante do público xeral, dos programadores e demais axentes culturais.

Xunto coa súa faceta de exhibición, Galicia Escena PRO articúlase como un punto de encontro profesional que busca estimular a dinámica comercial e a proxección social da creación escénica galega.

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!