Sons de Breogán é un proxecto cultural que se fai realidade a través dunha plataforma web sempre respectando e apoiando uns valores, baseados no feminismo, internacionalismo, loita LGTBI, e o antifascismo. O obxectivo é crear un espazo cultural para dar a máxima difusión ao contido musical non comercial, tanto de grupos xa afianzados na contorna musical, como dos novos grupos e artistas que desexan chegar a novos públicos.
Nesta segunda edición actuarán:
- Rebelión do Inframundo
- Cuarta Xusta
- Samu Acarán e os Tintafemia