XXXV Festival Intercéltico do Morrazo

O festival, organizado polo Concello de Moaña, terá lugar os días 25, 26 e 27 de xullo, e contará nesta edición co patrocinio de Mahou e da Deputación de Pontevedra.

O FIM comezará o xoves 25 de xullo ás 19.30 h. co desfile e posterior actuación dos grupos folclóricos de Moaña: Gaiteiros de Moaña, Acf Solaina Moaña, Breogán de Moaña, Moañesa de Música e Danza, Asociación Cultural e folclórica Charaviscas e a AFCX Meiramar-Axóuxeres.

O xoves 25 ás 22.30 h. subirá ao escenario Habelas Hainas, un exemplo do novo trad e folk galego, onde as mulleres van ocupando, cada vez máis, o protagonismo que lexítimamente lles corresponde, inaugurando unha edición cunha alta presenza de artistas femininas. Será entón o turno da banda escocesa Talisk, Banda Folk do Ano 2017 nos BBC Alba Scots Trad Music Awards e o premio BBC Radio 2 Folk, entre outros galardóns.

O venres 26 de xullo ás 22.00 h. será o turno das tamén escocesas Kinnaris Quintet, que o pasado ano cautivaron ao público co lanzamento do seu álbum debut, Free One. A continuación actuarán Tanxugueiras, que con máis de 50 concertos no 2018 e unha importante xira tanto polo país como polo estranxeiro, xa son un referente da música tradicional galega.

O sábado 27 ás 22.00 h. Anxo Lorenzo, recentemente premiado como mellor artista nos Premios Opinión da música de raíz, presentará o seu novo álbum Vortex, un concerto con moitas sorpresas onde o gaiteiro moañés tamén fará un percorrido polos seus anteriores traballos discográficos. Pechará esta XXXV edición, Sharon Shannon, a revelación da música tradicional irlandesa dos últimos tempos: a que máis discos ten despachado codeándose nas listas de éxitos con fenómenos do pop e do rock e alzándose con todo tipo de galardóns para a súa música e a súa carreira.

Non faltará nesta edición a Mostra de instrumentos tradicionais, cunha morea de actividades, na carpa do paseo marítimo.

Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

XOVES 11
22.00 Finalistas Runas 2019
Túa (Murcia), Dequenvessendo (Galicia) e Yuki Kojima Band (Xapón)
01.00 Gwendal – Bretaña
02.30 Stolen Notes – Andalucía

VENRES 12
18.00 Concerto Xesús Vaamonde – Xosé L. Romero
19.30 Concerto Andoa e convidados
20:00 Concerto Orquestra de Foles (Portugal)
22.00 Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band – Escocia
23.00 Escola de Gaitas de Ortigueira – Galicia
00.00 Moving Hearts – Irlanda
01.30 Anxo Lorenzo Band – Galicia
03.00 Project Smok – Escocia

SÁBADO 13
17.00 Concerto Caldo
18.30 Concerto Brúa e amigos
20.00 Concerto Anxo Lorenzo + Dubhlinn
22.00 Bagad Kerlenn Pondi – Bretaña
23.00 Dominic Graham School of Irish Dance – Irlanda
00.30 Shooglenifty – Escocia
02.00 Flook – Inglaterra
03.30 Beltaine – Polonia

DOMINGO 14
11.30 h Desfile de Bandas das Nacións Celtas
Alameda – Av. As Pontes – Av. Escola Gaitas (Gadis) – Av. Escola Gaitas – Cruce da Praia (A Perla) – Xosé Buide – Fco . Santiago – Cantón.

  • Escola de Gaitas de Ortigueira (Galicia)
  • Banda de Gaitas Xoldaina (Galicia)
  • Banda de Gaites de Mieres & Prau LLerón (Asturias)
  • Banda de Gaitas Queiroa (Galicia)
  • Bagad Kerlenn Pondi (Bretaña)
  • Banda de Gaitas San Xoán de Calo (Galicia)
  • Orquestra de Foles (Portugal)
  • Banda de Gaitas de Barbude (Galicia)
  • Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band (Escocia)

17.00 Concerto Grupo de Baile A.C. Troula do Ortegal
18.00 Concerto Banda de Gaitas Xoldaina
19.30 Concerto Holiday Club
22.00 A.C.F. O Fiadeiro
23.30 Tanxugueiras
01.00 Leilía
02.30 Andrés Penabad Band

Morrasound Rock Fest 2019

📅 12 e 13 xullo 2019
Dous días de boa Música Rock, espectáculos de artes escénicas, deportes alternativo, e moito máis… nun espazo natural privilexiado (Mirador da Fontenla) con vistas abertas á Ría de Vigo:

🎶 Música
The Brew + The Limboos + O’funk’illo (página oficial) + Los Vinagres + Kings Of The Beach + Lou Reyes official + Arrhythmia + Familia Caamagno + Yo Diablo + Spoonful Rock + The Lelli Kelly’s

🎭 Artes escénicas
Píscore + Patty Diphusa

🤹 Animación
Peter Punk Pallaso (pallaso oficial 🙌 Morrasound)

🚴 Bikes – Competición aberta Speed & Style

+ + +
🚌 buses lanzadeira ida/volta (Morrazo-Vigo-Pontevedra)
🏕 zona acampada habilitada e gratuita
🎨 obradoiros e actividades para rapazada
🍽 zona restauración e food trucks 🚚
🛍 mercado variado + carpas 🎪 + …

Todo para desfrutar dunha fin de semana memorable con colegas, familia e amizades…

🎟 bit.ly/_ENTRADAS
Promo 15€ (+gx) > ESGOTADAS
Anticipada – abono xeral – 20€ (+gx) > ACTIVA
Anticipada – día solto – 15€ (+gx) > ACTIVA
Taquilla – abono xeral > 28€
Taquilla – día solto > 20€

Reservade os días, pillade as entradas e vinde desfrutalo !!!

SAÚDE !!! 🍻🍻🍻
PAZ, AMOR E ROCK´N´ROLL !!! 🤘🤟🤘

#Morrasound #Morrasound19 #MorrasoundRockFest #Festival
#Rock #ArtesEscénicas #BIkes #DirtJump #Animación #Obradoiros #Buses #Acampada #Comida #FoodTrucks #Mercado
#Domaio #Moaña #Morrazo #Pontevedra #RíasBaixas #Galicia

https://www.facebook.com/events/1255925564564951/

XVII Primavera en Danza en Carballo

A danza volverá un ano máis ao escenario do Pazo da Cultura de Carballo grazas a Primavera en Danza, un programa que se desenvolverá do 26 de abril ao 12 de maio e que ofrecerá un total de cinco espectáculos:

  • 23 abril: Entresoños, de Fran Sieira (Galicia)
  • 27 de abril: Pink Unicorns, de La Macana (Galicia)
  • 3 de maio: Plastic, de Paula Quintas (Galicia)
  • 4 de maio: La desnudez, de Daniel Abreu (Madrid)
  • 5 de maio: Gaia, de Entremans (Galicia)

Como peche especial, o 12 de maio terá lugar unha gala de baile tradicional a cargo da agrupación coruñesa Xacarandaina, que está a celebrar os seus corenta anos de historia. . Primavera en Danza incluirá tamén actividades complementarias como a exposición Voantes, un taller de danza e a presentación pública dalgunhas das funcións.

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!