Os nenos da varíola de Pérez& Fernández [Estrea]

Cartel de Os Nenos da Variola

A cadea humana de nenos expósitos que levaron a vacina da varíola a ultramar lévase a escena por primeira vez da man da Compañía Pérez&Fernández.

A proposta teatral combina a realidade histórica, a tenrura e o humor, e destaca pola versatilidade dos espazos e os personaxes. Está baseada no libro do mesmo título de María Solar, e ambos contan como vinte e dous orfos conformaron unha cadea humana “brazo a brazo”, levaban a vacina nos seus corpos, para que chegase aos territorios de ultramar na maior xesta médica realizada na historia da humanidade.

Pérez&Fernández, especializada en teatro familiar, é unha compañía galega formada polos creadores e actores Victoria Pérez e Manu Fernández. Este espectáculo, Os nenos da varíola, está coproducido polo Centro Dramático Galego.

Dirección: Xosé Leis, Victoria Pérez
Texto: adaptación da novela de María Solar
Elenco: Victoria Pérez, Isabel Risco, Manu Fernández e Xosé Leis
Espazo escénico: Montse Piñeiro, José Faro
Vestiario: Mar Fraga
Idade recomendada: + 8 anos

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!