A Universidade de Vigo retoma a súa programación cultural cunha aposta renovada polas creadoras e creadores locais. Baixo o lema Cultura Segura, o teatro e a música volven á UVigo da man de dous dos seus grandes emblemas: a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu, que acada así a a súa XXIII edición, e o Festival Sonora, rebautizado como Sonora 2.1, xa que nesta ocasión o concerto contará cunha única actuación.
Programa MITEU 2021 Vigo
Xoves 22 de abril
A Emperadora – Aula de Teatro Universitaria de Lugo
Mércores 28 de abril
A casa da forza 2, 52-88 – Aula de Teatro Universitaria da USC
Mércores 12 de maio
Aínda que siga brillando a lúa – Aula de Teatro Universitaria de Ourense
Mércores 19 de maio
Tic Tac – Aula de Teatro Universitaria de Vigo