O PREMIO de La Quintana Teatro, en coprodución co CDG, no Salón Teatro

Cartel O PREMIO de La Quintana Teatro + CDG

O PREMIO está escrito por Santiago Cortegoso, dirixido por Marián Bañobre e protagonizado por Victoria Teijeiro, Raquel Espada e Xurxo Cortázar.

O PREMIO tiña que terse estreado o pasado 12 de marzo pero por mor da pandemia tivo que adiarse ata o FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense).

Sinopse

O PREMIO é unha comedia aceda que fala da situación das persoas dentro dun futuro próximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social fose tal, que se viron obrigadas a caer en “O Premio” como única fórmula de conseguir a felicidade. “O Premio” é un reality en directo onde o público vota a quen merece levar o premio da súa vida: “Morrer logrando a fama. Todo por un soño”

O/a gañador/a do PREMIO terá 24 horas de vida para gozar dos seus soños. Terá 5 millóns de euros para a causa que el/a queira. Poderá escoller a súa morte e morrer sendo un heroe.

Tres finais distintos en función do voto do público.

Ficha técnica/artística

  • Creación: Colectiva
  • Dramaturxia: Santiago Cortegoso
  • Dirección: Marián Bañobre
  • Elenco: Victoria Teijeiro, Raquel Espada e Xurxo Cortázar
  • Escenografía e vestiario: Marisa de Laiglesia
  • Deseño de luces: Javier Quintana
  • Técnico de luces: Anxo Outumuro
  • Vídeo: Lucía Estévez
  • Creación sonora: José Luis Fraga
  • Produción: La Quintana Teatro, Escenate e Zeena Producciones
  • Coprodución: Centro Dramático Galego e Concello de Madrid
  • Distribución: María Moral

“Tabú” no Festival Agrocuir da Ulloa

Tabú” é o novo espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.

Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.

Un tendal para poñer ó clareo todas as intimidades.

Con música en vivo de Nastasia Zürcher.

Deseño de son de Ezequiel Orol.

Produción de Diego Gallego

“Tabú” no Incio

“Tabú” é o novo espectáculo de Carmen Conde, producido por Tarabela Creativa, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.

n show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.

Un tendal para poñer ó clareo todas as intimidades.

Música en vivo: Nastasia Zürcher.

Deseño sonoro: Ezequiel Orol.

Produción: Diego Gallego.

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!