Cartel de Aladino e a lámpada marabillosa de Teatro Avento na Sala Artika

Aladino e a lámpada marabillosa – Avento Produccións Teatrais

Versión musical de Avento producións dun dos máis fermosos contos de “As mil e unha noites” ambientada nun Oriente máxico e suxerinte.

Posúe a forza, a vitalidade e o atractivo dunha historia exemplar onde os valores interiores das persoas importan máis que as súas aparencias.

De esta forma resalta a importancia da autoestima; “A imaxe inflúe pero o verdadeiramente importante e ser ti mesmo”.

Aladino é un bo rapaz que fai pequenos traballos para os mercadores de Agrabah co fin de conseguir unas moedas coas que mercar algo para comer.

Pero os rumores sobre o seu bo corazón chaman a atención de Jafar, o malvado visir real, que utilizará os seus enganos para obrigalo a roubar a lámpada máxica da cova das marabillas.

Por outra banda, no palacio, o sultán trata de atopar un bo príncipe co que casar a súa filla, sen o consentimento desta. Dous rapaces que viven realidades moi diferentes pero semellantes á vez e que, sen sabelo, necesitáranse mutuamente.

Duración: 70 minutos
Idiomas: Galego
Público: Familiar (5+)

Data

26 Out 2020
Caducado!

Hora

17:00

Etiquetas

Teatro musical

Localización

Vigo - Sala Ártika
Sala de teatro Ártika, Avenida da Beiramar, Vigo, España
Web
https://www.artikavigo.com/
Categoría
X
Código QR

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!