Cartel Lava no TRC Danza en A Coruña

Lava no TRC Danza 2020

Lava é unha compañía de danza contemporánea residente no Auditorio de Tenerife que aposta pola creación dun novo repertorio con creadores de presenza internacional e que conta coa dirección artística do bailarín tinerfeño Daniel Abreu (Premio Nacional de Danza 2014).

No programa dobre <Bending the walls & Beyond> recollen dúas das últimas creacións levadas a cabo coa dirección de Fernando Hernando Magadán (director artístico de NDT2) e de La Intrusa (a compañía dirixida por Virginia García e Damián Muñoz, Premio Nacional de Danza 2015).

<Bending the Walls> de Fernando Hernando Magadán, é unha exploración sobre o mundo das restricións e limitacións na nosa procura da felicidade, a liberdade e a comprensión: os límites físicos e psicolóxicos dentro de nós mesmos e o mundo que nos rodea. É unha metáfora sobre as forzas psicolóxicas, físicas e emocionais que os humanos poden abordar para transcender a realidade palpable, superar a aflición e escapar a un mundo de imaxinación.<Beyond> de La Intrusa, recolle as palabras da escritora canadiense Anne Michaels para preguntar “Que é un home sen paisaxe? Unha experiencia de procura a través de paisaxes emocionais da memoria. Un escenario de incerteza que nos obriga constantemente a crear ou reflexionar sobre o noso propio itinerario vital, sobre a paisaxe que dunha maneira consciente ou fortuíta imos construíndo”. 

Data

13 Nov 2020
Caducado!

Hora

20:30

Etiquetas

Danza contemporánea

Localización

A Coruña - Teatro Rosalía de Castro
Calle Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
Categoría
X
Código QR

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!