LEIRA de Nova Galega de Danza

PREMIO DO PÚBLICO MIT RIBADAVIA 2020

O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo. A celebración dunha Galicia intemporal e máxica.

Ficha técnica

  • Unha produción de: Nova Galega de Danza
  • Dirección artística: Jaime Pablo Díaz
  • Coreografía: Iker Gómez
  • Bailaríns: Ivan Villar, Estefanía Gómez, Inés Vieites, Pablo Sánchez (Covers: Ricardo Fernández, Uxía Rivas e Cesar Louzán)
  • Escenografía: Jaime Pablo Diaz
  • Composición musical: Sergio Moure de Oteyza
  • Voz e música en directo: Rosa Cedrón
  • Voces: Aida Tarrío
  • Percusións: Miguel Anxo López
  • Deseño e iluminación: Antón Cabado
  • Vestiario: Erica Oubiña
  • Son: Alberto Beade
  • Fotografía dossier: Rubén Marta Ruso
  • Prensa e distribución: Kandengue Arts
  • Patrocinador: Vegalsa Eroski
Duración: 60 minutos

Data

26 Set 2020
Caducado!

Hora

20:30

Etiquetas

Danza contemporánea
Ferrol - Teatro Jofre

Localización

Ferrol - Teatro Jofre
Praza de Galicia, 15401, Ferrol, A Coruña, España
Web
http://www.ferrol.es/jofre
Categoría
X
Código QR

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!