Pinocchio - Teatro Ghazafelhos

Pinocchio de Teatro Ghazafelhos en Narón (Estrea)

TRES PASES: Ás 12:30h, ás 18:00h e ás 20:00h

Presentación

Adaptación libre da obra de Carlo Collodi por Pepablo Patinho. Teatro Ghazafelhos, coa colaboración de Rigoletto Teatro, deciden contarnos a historia de Pinocchio. Un títere universal que nos enche de risa e emoción, e que agacha un segredo no seu corazón de bidueiro. Cunha posta en escena que combina os monicreques, o teatro, e música en directo abriremos unha porta a unha emocionante aventura que nos amosará un camiño cheo de humor e sensibilidade.

Sinopse

Pinocchio agocha un segredo no seu corazón de bidueiro, un segredo que quere compartir c@s nen@s. Cunha atractiva posta en escena, Teatro Ghazafelhos abre unha porta a unha emocionante aventura na que mostrarán ao público un camiño cheo de humor e sensibilidade. A compañía conta para este espectáculo – adaptado por Pepablo Patinho Penya – coa presenza no escenario do pianista Cristian Leggiero e a cantante Paty Lesta.

Ficha técnica/artística

  • Elenco: Pepablo Patinho, Montse Piñón, Jorge Casas, Paty Lesta e Cristian Leggiero
  • Música: Cristian Leggiero
  • Guión e dirección: Pepablo Patinho
  • Equipo técnico: TEDAGA
  • Deseño cartaz: Nuria Díaz
Duración: 60 minutos
Idiomas: Galego
Público: Familiar (5+)

Data

22 Nov 2020
Caducado!

Hora

12:30

Máis Información

Máis info e entradas

Etiquetas

Animación infantil,
Teatro infantil,
Teatro musical

Localización

Narón - Pazo da Cultura
Urbanización Ciudad Europa, Calle Holanda, 15570 Narón, A Coruña
Categoría
X
Código QR

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!