Cartel SES musigal son muller Moaña

SÉS en Moaña: presentación do disco “Liberar as arterias”

Sés non só segue mantendo a súa valente mensaxe, se non que neste novo traballo poténciaa. Neste novo álbum Liberar as Arterias, Sés percorre América de norte a sur, como non podía ser doutra forma pasado polo seu propio filtro. Sés converteuse nunha das artistas de maior éxito na Galiza polo seu carisma e discurso, así como pola forza e calidade das súas cancións, que sen dúbida a levaron a gañarse un oco no púbico.

Liberar As Arterias é o seu sétimo traballo discográfico co que segue evolucionando o seu particular son que a consagrou no máis alto, e no que se inclúen unha selección de cancións con letra e música composta pola propia cantautora.

Data

01 Ago 2020
Caducado!

Hora

22:30

Máis Información

Reservar entrada

Etiquetas

Música rock,
Música tradicional

Localización

Moaña - Palco Paseo Marítimo
Palco da Música de Moaña, Moaña, España
Categoría
X
Código QR

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!