O Murmurio do Mar
Data de estrea: 08/03/2015
Teatro

O mar, no seu infinito murmurio trae consigo sons, lendas e tamén cancións.
Dende tempos inmemoriais o mar, ademais de ser unha inesgotable fonte de inspiración para debuxantes, músicos e poetas, agocha historias e aventuras de sereas, piratas e vellos mariñeiros.
A través dos contos e da música, utilizando monicreques, obxectos, instrumentos e por suposto moita imaxinación somerxerémonos nun universo tan real como lendario, un mundo mariñeiro do que sabemos algunhas cousas e descoñecemos moitas outras.
Un mar que, por enriba de todo debemos coidar e respectar.
Duración: 40 minutos
Público: Familiar (3+)
Próximas actuacións
Publicar unha valoración
Debes iniciar sesión para enviar valoracións.





