A Xanela do Maxín

Titeremusicontos

Data de estrea: 12/03/2016
Non se atoparon valoracións
Teatro


Un espectáculo no que os contos tradicionais galegos cobran vida a través dos títeres e son cantados e contados para que os máis cativos pasen un bo momento aprendendo, escoitando e cantando connosco.

Deixa, ademais, un camiño aberto a que nenas e nenos indaguen nos contos e na cultura a través dos avós, avoas e persoas que tiveron a oportunidade de crecer coa rica tradición oral que hoxe en día se está a perder.

Contos de raposos, galos, burros, pais e fillos… combinados cunha boa dose de ilusión e creatividade fan deste contacontos un dos mellores xeitos de fomentar a nosa cultura, os nosos contos.

Duración: 45 minutos
Idiomas: Galego
Público: Familiar (3+)


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!