Al Guanella, é un artista hispano arxentino con amplia experiencia e traxectoria profesional no mundo do teatro, a música, a literatura, o humor, a produción, a dirección de espectáculos e a docencia.
Tana, tenta mellorar cada día un pouco máis.
Conversas con Tana
“Conversas con Tana” é un espectáculo teatral, baseado na ventriloquía (ou titiriteiro á vista), de entre 40 /45 minutos de duración (pódese extender e tamén dispoñemos dun formato micro teatral: 17/20 minutos), onde un granxeiro e a súa cadeliña Tana, manteñen unha fluída e divertida conversa na que afloran diálogos delirantes como os que aparecen desde a presentación dos personaxes, ata desencadear en asuntos tales como: O Quixote, o fomento do hábito da lectura, o coidado e respeto medio ambiental, o pienso, a alimentación en xeral, a igualdade de xénero, a música (hai tamén cancións interpretadas a dúo), o cepillado dos dentes e outras cuestións perrunas e humanas que, tratadas desde o humor e a sensibilidade, fan as delicias de nenos e adultos.
O espectáculo, consta dunha parte fixa e outra de bloques de quita y pon que se adaptan a cada necesidade segundo o lugar no que se faga a función.
“Conversas con Tana” está dirixido a nenos de todalas idades (preferentemente de 5 a 12 anos), ademáis de ser, un espectáculo moi recomendado para disfrutar en familia.
Publicar unha valoración
Debes iniciar sesión para enviar valoracións.