Caramuxo crea espectáculos poéticos e visuais axeitados para gozar en familia, tendo unha especial responsabilidade có público mais novo. Dende os inicios mistura diferentes técnicas, teatro de actor, títeres, danza..
CATRO
CATRO é a nova proposta de Caramuxo Teatro para a primeira infancia.
Unha peza visual que xoga coa vida, coas formas, os sons, as texturas, co movemento…
CATRO lados ten un cadrado, catro son as estrelas que vexo dende a miña habitación, catro os recunchos do meu lugar favorito…
CATRO é a experimentación a partir dun número que se repite na nosa vida a través do movemento coma linguaxe, como canle de coñecemento.
CATRO é un espectáculo para gozar en familia.
Publicar unha valoración
Debes iniciar sesión para enviar valoracións.