Cía. trasPediante

Nina Ninette

Data de estrea: 07/03/2021
Non se atoparon valoracións
Danza
Nina Ninette - Cía. trasPediante

Presentación

María Torres (compañía Elefante Elegante) e Marta Alonso Tejada e Paula Quintas (trasPediante) forman un equipo de creación para a peza iniciada a partir da estética do Ballet Triádico de Oskar Schlemmer -Bauhaus- do 1921. Nina Ninette é un conto iniciático que celebra o centenario da súa estrea, para danzar unha historia de beleza e rebeldía.

Sinopse

Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Mais Nina sinte a falta do seu fogar e decide marchar. A cuestión é que ese mundo é un labirinto e como todos os labirintos, é moi doado entrar pero ben complicado sair. Será que ela o consegue?

Ficha técnica/artística

  • Autoría e dirección: María Torres
  • Coreografía: Marta Alonso Tejada e Paula Quintas
  • Elenco: Marta Alonso Tejada, Paula Quintas e Carlota Mosquera
  • Escenografía: Gonçalo Guerreiro
  • Música orixinal: Alex Salgueiro
  • Vestiario: Diego Valeiras
  • Iluminación: Nacho Martín
  • Atrezzo: Marta Mallo e Juan Lens
  • Distribución: Manu Lago
  • Produción: Traspediante

Axuda á creación de Agadic · Xacobeo 2021 · Xunta de Galicia

Duración: 55 minutos
Público: Familiar (3+)


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos


Mostrar actuacións pasadas

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!