trasPediante é un xerador de proxectos culturais relacionados coa Danza.
SET

SET é unha peza multidisciplinar onde a danza contemporánea e a música en directo xogan un espazo compartido.
Novos comportamentos e cinética social onde a protección é invisible como mediador da distancia social.
A través da tecnoloxía e os límites sociais SET propón un xogo interactivo sen contacto.
Playing experience!
Dirección: Rut Balbís
Creación: Rut Balbís e Paula Quintas
Interpretación: Paula Quintas y Nacho Muñoz
Música orixinal e músico en escena: Nacho Muñoz
Vestiario: Fany Bello
Produción e distribución: Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea
Foto e vídeo: Ángel Sousa e Marguerita Morello
Colaboran en produción: Centro Sociocultural Almáciga · Concello de Santiago de Compostela
e NORMAL · Universidade de A Coruña
Este espectáculo reúne de novo a Rut Balbís e Paula Quintas nun proceso de investigación a través do movemento e o corpo. Nesta ocasión propoñen unha peza de rúa onde o público poida experimentar a distancia social como parte do espectáculo. Ao equipo creativo únese Nacho Muñoz, pianista e compositor de música electrónica.
RUT BALBÍS
É a directora e coreógrafa da compañía Pisando Ovos (2004) residente do Teatro Ensalle de Vigo. A base do seu proxecto artístico é a búsqueda dunha linguaxe artística propia desde o traballo co corpo e o movemento a través da creación escénica contemporánea, reflexada no seu interese polo tratamento das imaxes e dos tempos lentos.
Ata agora, son nove as creacións coas que conta a súa compañía e coas que participa de forma habitual nas redes de teatros autonómicas e nacionais. Ademáis traballou con outras compañías como Paula Quintas · Traspediante, Airenoar, Matarile, Tricotouses, Chévere, Catro no metro, Sólodos, Ánxela Blanco, Licenciada Sotelo, Iker Gómez, Féliz Fernández, Lipi Hernández, Voadora, etc.
Colabora na Radio Galega realizando crónicas de danza e artes do movemento de Galicia e dirixiu a Aula de Danza da Universidade de A Coruña de 2009 hasta 2019. Recibe o primeiro premio do XXI Certamen Coreográfico de Madrid no 2007 cun extracto da súa peza No Intre 1800 e o PREMIO DE LA CRÍTICA DE GALICIA en Artes Escénicas no 2019.
PAULA QUINTAS
Paula Quintas ébailarina, alambrista circense, coreógrafa visual e pedagoga. É codirectora do Festival Corpo(a)terra de Ourense e traballa coa pedagoxía da danza con nenxs en Danza Alfaia, cunha liña de investigación contemporánea entorno ao corpo e Danza Nenxs, pedagoxía alternativa, ambos en Santiago de Compostela.
Fundadora de Project C-F Dance, cofundadora de Voltage Opposites Project, anteriormente traballou para outras compañía fóra de España. Nos últimos anos pertenece á compañía TrasPediante coa que ten tres espectáculos en cartel: Plastic, Analepsis e Up2down.
NACHO MUÑOZ
Tamén activo baixo o pseudónimo Madamme Cell e Parkour Sonoro, Nacho Muñoz prensentou os seus traballos en Europa, África e Latinoamérica.
Está detrás de artitas Alg-a e Orquestas de Improvisación OMEGA e Metamovida.
Foi produtor de Mercedes Peón, Uxía Senlle ou Ecléctica Ensemble.
Actualmente forma parte da banda (premio Martín Códax) de free rock IGMIG e desenvolve en diferentes cidades de Europa o proxecto sobre son e espazo público Sonic Parkour.
Nacho Muñoz dispón dunha traxectoria e discografía difícilmente resumible -disponible en sonicparkour.com-.
Publicar unha valoración
Debes iniciar sesión para enviar valoracións.