O nacemento de Corifeo Teatro (2011) está vinculado á Aula de Teatro da Universidade da Coruña, onde nos formamos. Na actualidade as persoas integrantes do grupo dedicámonos á educación en diferentes niveis e desde distintos perfís profesionais, de aí que un dos nosos intereses fundamentais sexa a relación entre o teatro e a educación.
Centramos o noso traballo no teatro en lingua galega, tanto en obras de autores e autoras galegas (“Animaliños”, de Roberto Vidal Bolaño, “Boas noites”, de Paula Carballeira…) como en traducións de obras clásicas (“A cantante calva”, de Eugène Ionesco; “Contos por teléfono”, de Gianni Rodari…).
Persoa de contacto | Laura Mariño |
Correo electrónico | asociacioncorifeogmail.com |
Web | https://es-es.facebook.com/pages/cate…7913/ |
https://es-es.facebook.com/pages/cate…7913/ | |