Produtora de espectáculos baseada na unión da realización artística de calidade por si mesma; e o seu necesario apoio promocional e publicitario. Desde a perspectiva artística creamos, e tamén producimos, programamos e promocionamos espectáculos cómicos e teatrais para espazos tanto medios-pequenos; como en espazos de gran envergadura (teatros, auditorios).
Áreas de actuación | A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Fóra de Galiza |
Persoa de contacto | Stephanie Maybelle Llaryora |
Teléfono | 660147486 |
Correo electrónico | destexeitoproduccionesgmail.com |
Historia | Perseguimos nas nosas propostas interrogar sobre o individuo e profundar na natureza humana. Sempre fronte a un outro: as relacións e como estas nos cambian convértense no noso maior eixo de investigación. A nosa linguaxe escénica tórnase máis poética, ou máis humorística... segundo a proposta, pero o que conserva sempre é o ollar crítico, e a perspectiva humanista, honesta e integradora.
A verdade escénica convértese así nun valor fundamental, así como o exercicio de introspección co equipo creativo que pretende tamén ecoar con cada un dos seus membros, en cada un dos procesos.... Para finalmente ecoar co público nun facer próximo e familiar.
Elaboramos de maneira artesanal a través de procesos previos de investigación e posta en acción do elenco que inxectan organicidade a cada texto final, e deste xeito a cada resultado escénico.
A nosa maior colaboradora, quen soubo entender o noso espírito a través da súa dramaturxia é Esther F. Carrodeguas |
https://www.facebook.com/pg/destexeito | |
https://www.instagram.com/destexeito | |
YouTube | https://www.youtube.com/channel/UC7RP…XFV3Q |