De Ste Xeito Producións

Áreas de actuaciónA Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Fóra de Galiza
Persoa de contactoStephanie Maybelle Llaryora
Teléfono660147486
Correo electrónicodestexeitoproduccionesgmail.com
Historia
Perseguimos nas nosas propostas interrogar sobre o individuo e profundar na natureza humana. Sempre fronte a un outro: as relacións e como estas nos cambian convértense no noso maior eixo de investigación. A nosa linguaxe escénica tórnase máis poética, ou máis humorística... segundo a proposta, pero o que conserva sempre é o ollar crítico, e a perspectiva humanista, honesta e integradora.
 
A verdade escénica convértese así nun valor fundamental, así como o exercicio de introspección co equipo creativo que pretende tamén ecoar con cada un dos seus membros, en cada un dos procesos.... Para finalmente ecoar co público nun facer próximo e familiar.
 
Elaboramos de maneira artesanal a través de procesos previos de investigación e posta en acción do elenco que inxectan organicidade a cada texto final, e deste xeito a cada resultado escénico.
 
A nosa maior colaboradora, quen soubo entender o noso espírito a través da súa dramaturxia é Esther F. Carrodeguas
Facebookhttps://www.facebook.com/pg/destexeito
Instagramhttps://www.instagram.com/destexeito
YouTubehttps://www.youtube.com/channel/UC7RP…XFV3Q
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!