Escola Galega de Teatro Musical

Persoa de contactoSara Pérez Fandiño
Teléfono645 07 66 21
Correo electrónicoescolagalegadeteatromusicalgmail.com
Webhttps://www.escolagalegadeteatromusical.com/
Compoñentes

Sara Pérez Fandiño - Dirección do centro

Actriz de teatro e televisión, especializada en Teatro Musical na Escola Superior de Arte Dramática de Madrid, Licenciada en Comunicación Audiovisual e Técnico Nacional de Ximnasia Rítmica. Con formación en interpretación, canto e danza, e mestra das tres disciplinas.

Historia

A EGTM emprende un camiño de ampliación das nosas artes, achegando ós nosos veciños e veciñas unha das vertentes máis populares do teatro.

Tras anos de estudo e dedicación ás artes escénicas e audiovisuáis, atopamos un oco valeiro na formación total do actor dende a infancia. A exixencia de unificar disciplinas artísticas para afrontar as modas teatrais require unha formación completa do actor, imposible de afianzar se non se comeza a traballar dende neno.

Contamos tamén cá ilusión de crear unha vertente propia e xove no drama galego, preto das grandes producións de Gran Vía ou Broadway. Temos historias propias que contar e queremos facer das nosas raíces un forte tronco que impulse a nosa cultura un paso máis aló e dea cabida a xoves actores que emigran en busca de teatro musical a Madrid, Londres ou América. 

Nos últimos anos, medra o número de matrículados nas ensinanzas artísticas de réxime especial, incluida a especialidade en interpretación musical, que ofertan cada vez, maís ESADs españolas e escolas privadas. Nós, ofertamos unha educación preto da casa.   

Este 2019 comeza o camiño da nosa compañía especializada en teatro musical. As audicións para pertencer a esta, serán publicadas na web.

Facebookhttps://www.facebook.com/escolagalega…EGTM/
Instagramhttps://www.instagram.com/escolagaleg…sical
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!