Cía. Exire

Correo electrónicoexireciagmail.com
Webhttps://www.exirecia.com/
Compoñentes
  • Estefanía Gómez
  • Alba Fernández
Historia

Exire é unha compañía de Danza Urbana e Contemporánea que reside en A Coruña. Ten máis de 10 anos de experiencia en Artes Escénicas, xirando por toda a xeografía galega dende o 2006. Está formada polas creadoras Estefanía Gómez e Alba Fernández.

Actualmente teñen varios espectáculos en activo, dous de Danza Contemporánea - Experimental: NEXOS e ON (Premio Sólodos en Danza Ourense 2017, Premio do público) e dous de Danzas Urbanas.

Ambas comenzaron formándose en Danza Clásica no Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña. Posteriormente formáronse en Danza Contemporánea e Danzas Urbanas en diferentes centros e con diferentes docentes do territorio nacional e internacional. Seguen en constante formación, compaxinando a danza con outras artes escénicas. 

Colaboran a nivel persoal con outras compañías, coma Entremans, As Tricotouses, Elefante Elegante, Artestudio Teatro e Nova Galega de Danza.  

Facebookhttps://www.facebook.com/Cia.Exire
Instagramhttp://www.instagram.com/ciaexire
YouTubehttps://vimeo.com/ciaexire
Vimeohttps://vimeo.com/ciaexire
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!