Kirenia Danza

Persoa de contactoKirenia Martínez Acosta
Correo electrónicoinfoemigrantasme.me
Webhttp://emigrantas.me/
Historia

En 2019 a compañía debuta coa peza “E-migrantas”, foi estreada en Londres, Madrid e Santiago de Compostela. Esta primeira produción en solitario é unha coprodución do Centro Coreográfico Galego (CCG-AGADIC), seleccionada nunha convocatoria aberta competitiva no primeiro lugar. Para esta ocasión conta en escea cos bailaríns David Loira e Esther Latorre e o equipo creativo está formado por colaboradores regulares como a escritora e bailarina Branca Novoneyra, o deseñador gráfico Niko Alvarellos, BabyKatze e Bruno Baw na composición musical e o vestiario é unha creación do deseñador de moda Jandro Vila.

Actualmente, ademais de distribución de “E-migrantas”, a compañía colabora en varios proxectos de investigación coreográfica, literaria, e audiovisual con outras entidades no nivel internacional; e desenvolve outras dúas propostas coreográficas: “Instante Gradual”, que foi seleccionada na primeira convocatoria de Mobilidade Europea I-Portunus, para unha residencia artística en Matera, Capital Europea da Cultura 2019 e outras tres cidades na Rexión da Lucania. Tamén “La Bella Otero: La bailarina española”, que foi seleccionado como proxecto de investigación coreográfica gañador do primeiro concurso do I Laboratorio Coreográfico da SGAE para apoiar e promover a nova creación contemporánea.

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!