Kirenia Danza

Tres Tristes 2.0

Data de estrea: 23/09/2021
Non se atoparon valoracións
Danza
Tres Tristes 2.0 - Kirenia Danza

Presentación

Tres Tristres 2.0 é unha peza que traballa co repertorio da compañía cubana Danza Teatro Retazos espigando materiais antigos de pezas como La casa de María, Mujeres, Rosas y Herencias, Peses en las manos e Tres tristes tres . O motivo da recuperación é mostrar unha alquimia repertorial da tradición propia que queda lonxe, case esquecida polos bailaríns que estrearon as pezas fai dúas décadas.

Sinopse

Tres Tristes 2.0 é unha reflexión sobre temáticas universais coma a soidade, o encontro, a pertenza, o absurdo, a beleza, o grotesco, o misterio e a poesía. Recordos que abriron un acordo silencioso e sen texto; e sobre eles, preguntámonos:
Qué pasa cando esquecemos unha coreografía que non foi documentada nun soporte visual? Cómo unha bailarina pode recoller a testemuña coreográfica doutras anteriores? Cómo lembramos aqueles movementos antigos? Cal foi a mecánica poética dun movemento perdido? Cómo poderemos recuperar os movementos perdidos?

Ficha técnica/artística

  • Autoría, coreografía e dirección: Kirenia Martínez Acosta
  • Bailaríns: Estefanía Gómez, Leodán Rodríguez Casas, Kirenia Martínez Acosta
  • Vestiario: Jandro Vila
  • Espazo sonoro: LLXNTO, Bruno Baw
  • Asistencia coreográfica: Miguel Azcue
  • Deseño gráfico: Niko Alvarellos
  • Espazo lumínico: RTA
  • Espazo audiovisual: Visaki Film e Kirenia Danza
  • Produción: EidosD e Idearock
  • Distribución: Kirenia Danza e Artestudio Xestión Cultural

 

Público: Tódolos públicos


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos


Mostrar actuacións pasadas

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!