Malasombra Producións

SÓS

Data de estrea: 24/09/2020
Non se atoparon valoracións
Teatro
SÓS

“SÓS” é unha reflexión, por veces cómica e por veces máis dramática, sobre a vellez, sobre a convivencia, e sobre a soidade que sofren moitas persoas maiores nos seus últimos anos de vida.

SÓS” conta a historia de Rodrigo e Marcelino, dous homes octoxenarios que se ven obrigados polas circunstancias a compartir piso.

Os dous anciáns non se coñecen previamente, os dous teñen un carácter totalmente diferente, levaron vidas diferentes e teñen costumes e hábitos absolutamente diferentes, polo que a súa convivencia non vai ser fácil, aínda que non lles vai quedar máis remedio que aprender a tolerarse, porque a pesar de que hai moitas cousas que os separan, teñen algo moi importante que os une: os dous están sos e necesítanse mutuamente para saír adiante.

Rodrigo e Marcelino representan dous modelos de vida distintos, case opostos, que facilmente podemos recoñecer no noso entorno.

Marcelino representa ao home máis tradicional, dos que tiveron un só traballo durante toda a vida, e unha muller tamén para toda a vida.

Rodrigo, pola contra, representa un home máis de “mundo”. Emigrou ao estranxeiro, nunca se casou e a súa vida nunca tivo estabilidade, en contraste coa vida de Marcelino, no que a estabilidade foi o seu ben máis abundante.

Todos coñecemos a algún “Marcelino” e a algún “Rodrigo”. Dúas maneiras de ser e de vivir que chocan nun mesmo apartamento compartido. Dúas personalidades opostas, pero cunha necesidade en común: a necesidade humana de sentirse acompañado.

Ficha técnica/artísitca

  • Elenco: Marcos Orsi e Jouse García
  • Autor: Jose Prieto
  • Dirección: Xoque Carbajal e Jose Prieto
  • Escenografía: “Kukas”
  • Vestiario: Diego Valeiras
  • Producción: Esther Aja
  • Deseño gráfico: Miguel Carbajal T.
Idiomas: Galego
Público: Tódolos públicos


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!