Nova Galega de Danza

Correo electrónicoinfonovagalegadedanza.com
Webhttp://www.novagalegadedanza.com/gl/
Historia

Nova Galega de Danza comeza a súa traxectoria coa estrea de ALENTO, o seu primeiro espectáculo, no Teatro de Madrid (La Vaguada) o 8 de maio de 2003.

O desexado proxecto dos directores artísticos e coreógrafos Vicente Colomer e Jaime Pablo Díaz, xunto co músico e compositor Xosé Lois Romero, vía por fin a luz despois de varios anos de traballo na sombra.

Nova Galega de Danza fusiona en vivo danza e música de raíz galega, tradición e vanguardia con vocación universal. "Llegó como un viento fresco con olor a mar (...) No hay que perderlos de vista, a la tradición celta española le faltaba esta renovación en su danza, algo que ya ocurrió con su música" (Ana Cabo. Directora de Madrid en Danza. Revista "Por la danza", verano 2003).

Consegue o 2º premio no I Certame de Creación Coregráfica de Galicia, 4º premio na I Maratón de Danza de Madrid, finalistas no Certamen Nacional de Danza Española y Flamenco 2002.

Co seu primeiro espectáculo, ALENTO, inaugurou unha nova maneira de concebir a danza e a música realizadas en Galicia, sendo finalista dos Premios MAX como Mellor Espectáculo Revelación do 2005 e recoñecido no informe anual da SGAE como a Compañía Galega Independente máis exitosa do ano. Fai historia tamén ao ser a primera compañía de danza programada na Feira Profesional de Teatro de Galicia.

Outra nota importante dentro do espectáculo ven proporcionada pola música, composta inédita para ALENTO e interpretada en directo, en cada unha das funcións por 6 músicos, e ao que se lle engade a edición en CD a finais do ano 2005, o Premio Opinión ao Mellor Disco Galego do ano, a distinción de Mellor Disco de Folk do ano 2005 para a revista Efe-eme (nº 75) e a candidatura aos premios da Academia da Música no apartado de Mellor Canción en Galego.

Nova Galega de Danza volve reinventarse con ENGADO, a súa segunda produción, estreada o 10 de febreiro de 2006 no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña na que profundiza, máis se cabe, no proceso de fusión e recreación, e onde 6 músicos e 5 bailarines saen a escena co propósito de texer nela todo o seu mundo de ilusións, ofrecendo un espectáculo cheo de enerxía, frescura e sorpresa.

ENGADO leva a NGD de xira polos mellores escenarios de Galicia, XIV Feira das Artes Escénicas, Festival de Ortigueira 2006, Festival Madrid en Danza 2006, Festival de Danza ESCENA 2007 Navarra, Festival de Paredes de Coura (Portugal), Festival Internacional "Meet in Beijing 2007" (Pekín) ou a Expo de Zaragoza en 2008.

Pero Nova Galega de Danza tamén está próximo a outras artes como a da moda coa referenciada apertura da Pasarela Gaudí (Barcelona). O produtor Javier Limón síntese atraído por NGD e os convida a traballar no seu espectáculo: Galicia e Outras Músicas no Centenario Estrella Galicia.

Nova Galega de Danza conseguiu, con solo dous espectáculos, ser respectada por todos os sectores da opinión pública por ofrecer un produto sólido, aberto, coherente  en permanente renovación.

Facebookhttps://www.facebook.com/NovaGalega
Twitterhttps://twitter.com/NovaGalegaDanza
YouTubehttps://www.youtube.com/channel/UCd4N…cBzFA
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!