Pakolas

Cores, Contos e Rock'n'roll con Ramona Órbita

Data de estrea: 01/11/2020
Non se atoparon valoracións
Teatro
Cores, Contos e Rock'n'roll con Ramona Órbita - Pakolas

Presentación

“Cores, Contos e Rock´n´Roll con Ramona Órbita” chega da man de Pakolas como un espectáculo de pequeno formato onde a interacción coas nenas e nenos, a súa música acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público. Esta proposta multidisciplinar crea así unha escena na que non so se pode gozar da música, senón tamén do debuxo e as cores que a rodean. Un espectáculo para todos os sentidos.

Paco Cerdeira (Pakolas) guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e guitarra, e contando nesta ocasión co apoio de Laura Romero (ilustradora), dando unha nova dimensión visual coa creación en directo de debuxos con cores que acompañan ás cancións e contos que nelas se recollen, e axudando así a Pakolas na presentación das súas historias e personaxes.

Laura Romero é a encargada de darlle vida a todas as súas personaxes, que atoparedes nos seus libros, a través das imaxes e debuxos cheos de colorido.

Sinopse

Pakolas e Laura preséntanos o seu último librodisco, “Ramona Órbita, a dona do tempo”, editado en Sonárbore, na Editorial Galaxia (Agosto-2020)

Neste novo traballo contaremos e cantaremos, e debuxaremos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten  unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.

Así, a través das cancións , a narración a as cores das ilustracións, imos saltando a diferentes épocas. Ramona viaxa á prehistoria a comer churrasco de mamut con Manolo Cavernario que acaba de descubrir o lume, visita a Leonardo Da Vinci no Renacemento, acode ao Antigo Exipto cun tal  Ramsés que lle cheiran os pés, ou conversa cun robot que ten unha Roda Rota que se fai chamar Time, etc, todo ata chegar a Benvidas ao Futuro na que cantamos por unha sociedade mais ecolóxica e concienciada co respecto e coidado á natura.

Ficha técnica/artística

  • Dirección: Paco Cerdeira
  • Música e son: Paco Cerdeira (Pakolas)
  • Ilustración: Laura Romero

 

Duración: 50 minutos
Idiomas: Galego
Público: Familiar


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos


Mostrar actuacións pasadas

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!