Pérez & Fernández

Os nenos da varíola

Data de estrea: 28/02/2020
Puntuación: 4.63/5 (2 valoracións)
Teatro



    Sinopse

    A cadea humana de nenos expósitos que levaron a vacina da varíola a ultramar lévase a escena por primeira vez da man da Compañía Pérez&Fernández.

    A proposta teatral combina a realidade histórica, a tenrura e o humor, e destaca pola versatilidade dos espazos e os personaxes. Está baseada no libro do mesmo título de María Solar, e ambos contan como vinte e dous orfos conformaron unha cadea humana “brazo a brazo”, levaban a vacina nos seus corpos, para que chegase aos territorios de ultramar na maior xesta médica realizada na historia da humanidade.

    Pérez&Fernández, especializada en teatro familiar, é unha compañía galega formada polos creadores e actores Victoria Pérez e Manu Fernández. Este espectáculo, Os nenos da varíola, está coproducido polo Centro Dramático Galego.

    Ficha técnica/artística

    • Dirección: Xosé Leis, Victoria Pérez
    • Texto: adaptación da novela de María Solar
    • Elenco: Victoria Pérez, Isabel Risco, Manu Fernández e Xosé Leis
    • Espazo escénico: Montse Piñeiro, José Faro
    • Vestiario: Mar Fraga
    Idiomas: Galego
    Público: Tódolos públicos (9+)


    Próximas actuacións

    Non se atoparon eventos


    Mostrar actuacións pasadas

    Publicar unha valoración

    Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


    Deixa un comentario

    X

    Únete á Comunidade!

    Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!