Redrum Teatro é unha empresa cultural adicada á produción e distribución de espectáculos teatrais e á edición de libros infantís constituída no ano 2009. Desde a súa fundación aposta pola produción de espectáculos de diferentes formatos, sempre cun coidado valor estético e artístico como marca persoal da compañía e coa clara vontade de fomentar o entretemento e a cultura en galego.
O Mozo da Última Fila
Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non falta, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en matemáticas. Cada clase faiselle máis insoportable ata que Xermán o profesor de Lingua e Literatura manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.
Autor: Juan Mayorga
Dirección e adaptación: Alex Sampaio
Intérpretes: Guillermo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Machi Salgado e Rubén R. Porto
Escenografía e iluminación: José Manuel Faro “Coti”
Vestiario e caracterización: María Illobre
Espazo sonoro: Davide González
Vídeos: Alex Sampaio
Axudante produción: Rubén R. Porto
Idades recomendadas: adultos
Publicar unha valoración
Debes iniciar sesión para enviar valoracións.