Teatro do Atlántico

Libre coma os paxaros

Data de estrea: 12/03/2021
Non se atoparon valoracións
Teatro

    Libre coma os paxaros - Teatro do Atlántico

    Presentación

    “O meu pensamento é libre. El é a lei que rexe o meu destino”. “Nada máis que cantos de independencia e liberdade balbuciron os meus beizos”. Rosalía de Castro

    Sinopse

    Unha muller toma a palabra e proclámase posuidora da súa liberdade. Declara, desafiante, non someterse ás regras da arte no exercicio da súa actividade creativa, nin acatar mandatos dos seus iguais.

    Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país; o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo; e expresa a súa solidariedade e a súa dor polas miserábeis condicións de vida que aquelas teñen que soportar.

    Denuncia o espolio do patrimonio forestal, a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as súas familias, á fame e á miseria. E clama contra o silencio que todo o envolve.

    Muller.

    Filla de nai solteira. E de pai cura. Escritora. E poeta. Galega de pensamento libre. Libre coma os paxaros.

    Chámase María Rosalía Rita de Castro.

    Ficha técnica/artística

    • Textos: Rosalía de Castro
    • Composición musical: Vadim Yukhnevich
    • Gravación: Mauricio Caruso
    • Espazo escénico e iluminación: Antonio F. Simón / Xúlio Lago
    • Vestiario: Susa Porto
    • Fotografía: Tino Viz/Margen
    • Realización de vídeo: e-Me Comunicación
    • Técnicos de Escena: RTA
    • Dramaturxia e Dirección: Xúlio Lago
    • Actriz: María Barcala
    Idiomas: Galego
    Público: Tódolos públicos


    Próximas actuacións

    Non se atoparon eventos


    Mostrar actuacións pasadas

    Publicar unha valoración

    Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


    Deixa un comentario

    X

    Únete á Comunidade!

    Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!