Voadora

Correo electrónicocontactovoadora.es
Webhttps://www.voadora.es/
Compoñentes

DIRECCIÓN ARTÍSTICA | ARTISTIC DIRECTION

Marta Pazos

Hugo Torres

DIRECCIÓN TÉCNICA | THECNICAL DIRECTION

Carmen Triñanes

PRODUCCIÓN| PRODUCTION

Jose Díaz

PRODUCTION & MANAGEMENT

Montse Triola

ADMINISTRACIÓN | ADMINISTRATION

Vicente Conde

PRENSA | PRESS

The Office Comunicación

Luisa Castiñeira y Lucía Pita

 

Historia

Voadora leva desde o ano 2007 poñendo os medios para que suceda o imposible.

Cun equipo formado por artistas complementarios de diferentes disciplinas (artes plásticas, música, cine e escena) capitaneados por Marta Pazos , a compañía sorteou as trampas da periferia converténdoas en virtudes e parece atoparse nun permanente estado de crecemento, sumida sempre nunha procura constante de novos horizontes que lle fixeron deslizarse por todos os lados da creación contemporánea sen perder nunca os seus acenos.

Voadora traballou dentro e fóra das nosas fronteiras en formatos reducidos, formatos xigantes, montaxes colectivas de índole social, adaptacións contemporáneas de textos clásicos, novas dramaturxias musicais... e un longo etcétera de incursións en xéneros nos que deixou sempre a súa pegada.

Sorprende a solidez da súa carreira fundamentada, si máis, nunha aposta firme polo coidado de cada elemento, nunha esixencia rigorosa e un amor extremo á arte.

Unha visión ética do traballo teatral, allea ao cinismo e cuxos ecos resoan dentro e tamén fora do escenario.

Pero, quizais, o máis destacable neste caso, non sexa a pegada que a compañía deixou nesas pezas, senón a marca que todas esas montaxes deixaron en Voadora, que se presenta, a día de hoxe, como unha potente máquina de xerar experiencias e preguntas sen resposta

Facebookhttps://www.facebook.com/voadorateatro/
Twitterhttps://twitter.com/voadorateatro
Instagramhttps://www.instagram.com/voadora_/
YouTubehttps://www.youtube.com/channel/UC2Oc…-u9EQ
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!