Voadora

Hemos venido a darlo todo

Data de estrea: 31/01/2019
Non se atoparon valoracións
Danza
Hemos venido a darlo todo - Voadora

Presentación

Hemos venido a darlo todo parte dos samplers sonoros daquelas músicas e os remezcla en directo para ofrecer unha experiencia escénica que trata sobre as sutís diferenzas entre un acontecemento, un acto e unha Epifanía.

O espectáculo máis musical da compañía ata o momento, a medio camiño entre o concerto escénico e o teatro experiencial.

Onde queda a perspectiva de xénero naquela selección de tracks seleccionados para definir a nosa identidade? E a visión animalista? Que ten que dicirnos a selección contida nos vinilos sobre a igualdade en términos raciales e sobre a propia idea do perdurable?

Onde termina o código científico e empeza a fe? De que xeito inmíscense estes dous conceptos entre o pacto de ficción que asinamos co espectador antes de cada función?

Esta montaxe xoga a desprazar o centro do público ante o feito teatral sen renunciar á frescura, a estrañeza, a suor e a enerxía da música electrónica en lugares estraños porque, á fin e ao cabo, viñemos aquí a dalo todo.

Sinopse

En 1977, a NASA realiza un exercicio artístico de síntese e perdurabilidade: enviar ao espazo un vinilo de ouro e algúns materiais extra que pretendían definir á humanidade no seu conxunto. Unha selección musical que poderiamos entender como un “Best of” dunha comunidade orgullosa, confeccionado para sobrevivir ao Planeta Terra. A medio camiño entre a Caixa Negra e o popurrí dunha especie traxicómica.

Corenta e dous anos máis tarde, revisamos eses materiais que nos contan moito máis sobre nós mesmos do que a axencia espacial nunca puido imaxinar.

Ficha técnica/artística

  • Dirección/Direction| Marta Pazos
  • Dramaturgia/Dramaturxia/Dramaturgy| Intérpretes/Performers
  • José Díaz, Fernando Epelde, Marta Pazos & Hugo Torres
  • Música/Music| José Díaz, Fernando Epelde & Hugo Torres
  • Iluminación/Light Desing |Nuno Meira
  • Escenografía/Scenography| Carmen Triñanes
  • Vestuario/Costume | Fany Bello
  • Sonido/Son/Sound desing | David Rodríguez
  • Ayudante de dirección | Direction assistant | Carmen Triñanes
  • Foto/Photo | Rosiña Rojo
  • Producción técnica/ Producción técnica/ technical production |Hugo Torres
  • Dirección técnica/ technical direction | Iván Núñez
  • Productores/Produtores/Producers| Jose Díaz & Liza G. Suárez
  • Producción/produción/production | Voadora
Público: Tódolos públicos


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos


Mostrar actuacións pasadas

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!