Voadora & Marta Pazos consolidouse coma unha das compañías máis inquedas da vangarda escénica nacional.
Hemos venido a darlo todo
Presentación
Hemos venido a darlo todo parte dos samplers sonoros daquelas músicas e os remezcla en directo para ofrecer unha experiencia escénica que trata sobre as sutís diferenzas entre un acontecemento, un acto e unha Epifanía.
O espectáculo máis musical da compañía ata o momento, a medio camiño entre o concerto escénico e o teatro experiencial.
Onde queda a perspectiva de xénero naquela selección de tracks seleccionados para definir a nosa identidade? E a visión animalista? Que ten que dicirnos a selección contida nos vinilos sobre a igualdade en términos raciales e sobre a propia idea do perdurable?
Onde termina o código científico e empeza a fe? De que xeito inmíscense estes dous conceptos entre o pacto de ficción que asinamos co espectador antes de cada función?
Esta montaxe xoga a desprazar o centro do público ante o feito teatral sen renunciar á frescura, a estrañeza, a suor e a enerxía da música electrónica en lugares estraños porque, á fin e ao cabo, viñemos aquí a dalo todo.
Sinopse
En 1977, a NASA realiza un exercicio artístico de síntese e perdurabilidade: enviar ao espazo un vinilo de ouro e algúns materiais extra que pretendían definir á humanidade no seu conxunto. Unha selección musical que poderiamos entender como un “Best of” dunha comunidade orgullosa, confeccionado para sobrevivir ao Planeta Terra. A medio camiño entre a Caixa Negra e o popurrí dunha especie traxicómica.
Corenta e dous anos máis tarde, revisamos eses materiais que nos contan moito máis sobre nós mesmos do que a axencia espacial nunca puido imaxinar.
Ficha técnica/artística
- Dirección/Direction| Marta Pazos
- Dramaturgia/Dramaturxia/Dramaturgy| Intérpretes/Performers
- José Díaz, Fernando Epelde, Marta Pazos & Hugo Torres
- Música/Music| José Díaz, Fernando Epelde & Hugo Torres
- Iluminación/Light Desing |Nuno Meira
- Escenografía/Scenography| Carmen Triñanes
- Vestuario/Costume | Fany Bello
- Sonido/Son/Sound desing | David Rodríguez
- Ayudante de dirección | Direction assistant | Carmen Triñanes
- Foto/Photo | Rosiña Rojo
- Producción técnica/ Producción técnica/ technical production |Hugo Torres
- Dirección técnica/ technical direction | Iván Núñez
- Productores/Produtores/Producers| Jose Díaz & Liza G. Suárez
- Producción/produción/production | Voadora
Publicar unha valoración
Debes iniciar sesión para enviar valoracións.