7º edición Danza no Claustro

Danza no Claustro é unha proposta escénica exclusiva, un proceso de creación e investigación que se realiza anualmente no Claustro de San Francisco, na cidade de Ourense: habitar o claustro con danza. Os artistas internacionais e locais desenvolven unha proposta escénica en conxunto, compartindo os seus coñecementos e experiencia nun espazo histórico e importante para a cidade de Ourense. Esta programación realízase anualmente en Xuño, desde 2013, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Ourense e este ano é a súa 7º edición xa.

 

PROGRAMACIÓN

 

FRONTERAS Y MUJERES / Peace of Mind & Pájaro Mosca / España-México / Preestreno.

56161567_637201830073320_736670120428752
Fotografía Pablo Vargas

Coreógrafas e intérpretes: Paula Pérez Pinilla, Carmina Gimeno Latas, Noemi Sánchez Cárdenas e Elisa Medina Hudgins. Coproducen coas compañías: Festival Trayectos Zaragoza e Sólodos En Danza.

Fronteras y Mujeres parte da necesidade de entablar unha conversación que porta como bandeiras o corpo e o territorio, utilizando como pista de arranque o traballo previo realizado por ambas compañías referente á indagación de novos camiños que permitan actualizar conceptos tan variables, permeables e subxectivos, como o son as fronteiras mediante o seu cruce, ruptura ou reparación.

 

LOS OJOS ABIERTOS DE ELLA / Pájaro Mosca / México 

PVU_7279.jpg
Fotografía Pablo Vargas

Coreógrafa e intérprete: Noemí Sánchez Cárdenas

Exploración sobre a montruosidade. Unha búsqueda sobre a idea de cómo é que unha emoción toma corpo, ritmo e tono muscular, buscando chegar ó coraxe real.

 

TONO / Pájaro Mosca / México 

PVU_7123.jpg
Fotografía Pablo Vargas​

Coreógrafa e intérprete: Elisa Medina Hudgins

Tratamos o mundo, os obxectos e a xente do mundo en función da súa proximidade (e, engadiría eu, da súa semellanza) respecto de nós mesmos. A semellanza é unha amenaza á xerarquía.

 

EPHIMERO / Peace of Mind / España

ephimero 3.jpg
Fotografía Manu Lago

Peza Gañadora do Premio do Público e Premio Xove en SóLODOS En Danza Ourense 2018.
Creadoras e intérpretes: Paula Pérez Pinilla e Carmina Gimeno Latas. 

Os sentidos son a porta entre o ser humano e o exterior. Sen palabras, cando dúas persoas se miran ós ollos, establecen un cimento de confianza e comunicación. A través dos aromas, sonidos e o simple tacto, viaxamos cara un mundo de recordos e sentimentos que nos van conectando, no transcurso da vida. Pensamentos fugaces sumisos a un cronómetro que nos balancean entre o duradeiro e as agullas do efímero. 

 

HUMEDALES / Fran Martínez / España / Estreno

LATFINAL-678.jpg
Fotografía Juan David Cortés

Creación e interpretación: Fran Martínez | Apoyos: Centro Cultural Conde Duque + Coreógrafos en Comunidad, Centro Danza Canal. 

Os humedais son os meus orificios. Resbaladizos. Tranquilos. Quentes. A frontera entre a carne quente e sangrante e un mundo hermético. Todo é misterio para quen observa, para quen o seu obxecto de deseso non se satisface con libros de anatomía. O dentro, todo oscuridade, e o fóra, que de tan visible, indescifrable.

EM·NA / Colectivo Glovo / España-Portugal / Estreno

colectivoglovo_fotochusvarela.jpg
Fotografía Chus Varela

Coreógrafos e intérpretes: Hugo Pires Pereira e Esther Latorre Fernández. 

“Somos vibración. Todo é vibración, e todo é impermanente, pois todo está en constante movemento. A nosa mente tamén é movemento, e o movemento necesita armonía para crear eficiencia. Armonía é ritmo.

Aquel que sabe manipular a vibración pode transformar as cousas ó seu arredor.”

 

PEDESTRES / Costa Rica / Ganadores Certamen Sólodos En Danza Costa Rica 2019

PVU_8885.jpg
Fotografía Pablo Vargas

Creación e interpretación: Lina Valverde e Camilo Regueyra

Retrato da multitude en tránsito, collage paranóico de Chepe.

En dous corpos conflúen todxs aquelxs que camiñan, a rúa e a cidade;

móvense en xeometrías e ó ritmo da urbe;

é tanta a acumulación de xestos simultáneos que se tornan extracotidianos.

 

DIRECCIÓN Y PRODUCCIÓN

  • Erick Jiménez
  • Maruxa Salas

PRODUCCIÓN, FOTO Y VÍDEO

  • Manu Lago

ORGANIZA

  • Sólodos

PATROCINA

  • Concellaría de Cultura de Concello de Ourense

COA AXUDA DE

  • INAEM – Ministerio de Cultura

COLABORA

  • Galicia Danza Contemporánea
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!