7º edición Danza no Claustro
Danza no Claustro é unha proposta escénica exclusiva, un proceso de creación e investigación que se realiza anualmente no Claustro de San Francisco, na cidade de Ourense: habitar o claustro con danza. Os artistas internacionais e locais desenvolven unha proposta escénica en conxunto, compartindo os seus coñecementos e experiencia nun espazo histórico e importante para a cidade de Ourense. Esta programación realízase anualmente en Xuño, desde 2013, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Ourense e este ano é a súa 7º edición xa.
PROGRAMACIÓN
FRONTERAS Y MUJERES / Peace of Mind & Pájaro Mosca / España-México / Preestreno.
Coreógrafas e intérpretes: Paula Pérez Pinilla, Carmina Gimeno Latas, Noemi Sánchez Cárdenas e Elisa Medina Hudgins. Coproducen coas compañías: Festival Trayectos Zaragoza e Sólodos En Danza.
Fronteras y Mujeres parte da necesidade de entablar unha conversación que porta como bandeiras o corpo e o territorio, utilizando como pista de arranque o traballo previo realizado por ambas compañías referente á indagación de novos camiños que permitan actualizar conceptos tan variables, permeables e subxectivos, como o son as fronteiras mediante o seu cruce, ruptura ou reparación.
LOS OJOS ABIERTOS DE ELLA / Pájaro Mosca / México
Coreógrafa e intérprete: Noemí Sánchez Cárdenas
Exploración sobre a montruosidade. Unha búsqueda sobre a idea de cómo é que unha emoción toma corpo, ritmo e tono muscular, buscando chegar ó coraxe real.
TONO / Pájaro Mosca / México
Coreógrafa e intérprete: Elisa Medina Hudgins
Tratamos o mundo, os obxectos e a xente do mundo en función da súa proximidade (e, engadiría eu, da súa semellanza) respecto de nós mesmos. A semellanza é unha amenaza á xerarquía.
EPHIMERO / Peace of Mind / España
Peza Gañadora do Premio do Público e Premio Xove en SóLODOS En Danza Ourense 2018.
Creadoras e intérpretes: Paula Pérez Pinilla e Carmina Gimeno Latas.
Os sentidos son a porta entre o ser humano e o exterior. Sen palabras, cando dúas persoas se miran ós ollos, establecen un cimento de confianza e comunicación. A través dos aromas, sonidos e o simple tacto, viaxamos cara un mundo de recordos e sentimentos que nos van conectando, no transcurso da vida. Pensamentos fugaces sumisos a un cronómetro que nos balancean entre o duradeiro e as agullas do efímero.
HUMEDALES / Fran Martínez / España / Estreno
Creación e interpretación: Fran Martínez | Apoyos: Centro Cultural Conde Duque + Coreógrafos en Comunidad, Centro Danza Canal.
Os humedais son os meus orificios. Resbaladizos. Tranquilos. Quentes. A frontera entre a carne quente e sangrante e un mundo hermético. Todo é misterio para quen observa, para quen o seu obxecto de deseso non se satisface con libros de anatomía. O dentro, todo oscuridade, e o fóra, que de tan visible, indescifrable.
EM·NA / Colectivo Glovo / España-Portugal / Estreno
Coreógrafos e intérpretes: Hugo Pires Pereira e Esther Latorre Fernández.
“Somos vibración. Todo é vibración, e todo é impermanente, pois todo está en constante movemento. A nosa mente tamén é movemento, e o movemento necesita armonía para crear eficiencia. Armonía é ritmo.
Aquel que sabe manipular a vibración pode transformar as cousas ó seu arredor.”
PEDESTRES / Costa Rica / Ganadores Certamen Sólodos En Danza Costa Rica 2019
Creación e interpretación: Lina Valverde e Camilo Regueyra
Retrato da multitude en tránsito, collage paranóico de Chepe.
En dous corpos conflúen todxs aquelxs que camiñan, a rúa e a cidade;
móvense en xeometrías e ó ritmo da urbe;
é tanta a acumulación de xestos simultáneos que se tornan extracotidianos.
DIRECCIÓN Y PRODUCCIÓN
- Erick Jiménez
- Maruxa Salas
PRODUCCIÓN, FOTO Y VÍDEO
- Manu Lago
ORGANIZA
- Sólodos
PATROCINA
- Concellaría de Cultura de Concello de Ourense
COA AXUDA DE
- INAEM – Ministerio de Cultura
COLABORA
- Galicia Danza Contemporánea