Dreaming Juliet de Elefante Elegante

Cartel de Dreaming Juliet de Elefante Elegante

Dreaming Juliet é un espectáculo da compañía Elefante Elegante dirixido a público adulto que se inspira na peza “Romeo e Xulieta” de W. Shakespeare onde se aborda a cuestión máis esencial da existencia humana: o amor.

A paixón, a familia e a maternidade son os temas intrínsecos da obra e o teatro físico e visual a ferramenta da creación. A peza do dramaturgo inglés é un referente universal porque os seus protagonistas despois de amarse desenfreamente teñen un tráxico final.

Dreaming Juliet pretende reflexionar sobre o futuro de Romeo e Xulieta no caso de que non tiveran morto. Qué lle ocurrería ao seu profundo amor se acabaran formando unha familia e tivieran que enfrentarse á rutina diaria xuntos?

Ficha técnica

  • Creación – Gonçalo Guerreiro
  • Dirección artística – María Torres e Gonçalo Guerreiro
  • Dirección de actores – Pablo Sánchez
  • Elenco – María Torres, Marta Alonso, Miguel Paz, Nacho Martín e Gonçalo Guerreiro
  • Composición musical – Miguel Paz e Gonçalo Guerreiro
  • Persusións e teclados – Miguel Paz
  • Contrabaixo – Nacho Martín
  • Guitarra – Gonçalo Guerreiro
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!