Corifeo Teatro

Animaliños de Roberto Vidal Bolaño

Non se atoparon valoracións
Teatro



    SINOPSE:
    Unha parella vén de mercar un adosado con xardín e, nunha destas, descobre que o xardín está sendo asolado por unha praga de caracois.

    DURACIÓN:
    50 minutos aprox.

    XÉNERO:
    Comedia

    IDADE RECOMENDADA:
    3º e 4º da ESO e Bacharelato
    Adultos

     

    ROBERTO VIDAL BOLAÑO:
    Figura clave do teatro galego (autor, actor e director), homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013.
    Como escritor, a súa é unha das producións máis importantes do teatro galego contemporáneo.
    A obra Animaliños, estreada con Teatro do Aquí no ano 2002, forma parte dunha triloxía, xunto con Anxeliños e Criaturas, onde desde a ironía e o humor analiza determinados aspectos do presente.
    Por ela recibiu nos Premios María Casares 2003 os seguintes recoñecementos: mellor espectáculo, mellor dirección, mellor texto orixinal e mellor iluminación. (https://robertovidalbolano.org/)

    A NOSA PROPOSTA:
    En Corifeo Teatro fixemos unha selección de escenas da obra de Roberto Vidal Bolaño, con entidade propia, na que principalmente nos centramos nos diferentes puntos de vista que xorden na urbanización de adosados cando se produce a praga de caracois. Asistiremos ao adestramento dun grupo de propietarios que se organizan a modo de exército para intentar acabar con esta praga de maneira desesperada. As chamadas ao adestramento prodúcense ao son dunha alarma que interrompe a obra
    unha e outra vez.

    UNIDADE DIDÁCTICA:
    No caso de que a nosa proposta fose seleccionada, enviaríamoslles aos centros escolares participantes unha unidade didáctica para traballar na aula.

    Público: Tódolos públicos


    Próximas actuacións

    Non se atoparon eventos

    Publicar unha valoración

    Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


    Deixa un comentario

    X

    Únete á Comunidade!

    Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!