De Ste Xeito Producións

Eu quero ser galega

Data de estrea: 06/11/2017
Non se atoparon valoracións
Teatro


O espectáculo consta de dúas partes diferenciadas, cada unha co seu contido e personaxe independente. Parte da súa graza está na transformación dunha parte noutra , así como no uso do castelán e o galego. Pasemos a resumilas e nomealas:

Stephy en “Nueba LLorq sen sexo”  (en castelán) fálanos desde os seus taytantos, solteira, sen fillos nin miras. En contraste coa súas amigas-nai ou casadas, e fronte á demanda de ir “sentando a cabeza” que “corresponde” á súa idade. Preguntándose finalmente desde o humor, se este é un acto voluntario ou un requirimento social… desde: por que o bebé da túa amiga ten que ser monísimo, ti mesma tes que estar monísima, ata por que temos tantos roles paralelos as mulleres. Visión cómica de muller independente, metade satisfeita coa súa realidade, metade indignada por non dar coa media laranxa. Desde este prisma cómico desenvolve outros temas paralelos como vivir nun barrio pluricultural, verdade ou mentira nas relacións a distancia, entre outros.

Na segunda parte (en galego) atopámonos a unha transformada Stephy, produto da súa chegada e vivencias en Galicia. Agora será Stefilloa. Este é un texto escrito e interpretado especialmente, por e para o público galego. Nesta parte, Eu quero ser galega, a actriz de orixe vasca, namorada de Galicia, e medio vestida de galega, contaranos o seu desexo de integrarse e ser “adoptada” pola cultura galega, a través dunha infinidade de aventuras autobiográficas e altamente cómicas que viviu desde a súa chegada a estas terras. Eu quero ser galega é un monólogo dunha vasca querendo galeguizarse, que se atopa, neste proceso de “conversión”, con todo tipo de personaxes e situacións propias dunha cultura tan única como é a galega, para consecuente sorpresa dela e identificación do público galego. Está cheo de tenrura, comicidade, análise e identificación coa cultura deste pobo.

Ambas partes están condimentadas con bastante interacción co público, Stephy/ lloa fará participar aos espectadores e ata pode facelos saír ao escenario. Como colofón final temos unha imitación cómica dunha das grandes como homenaxe á muller: Tina Turner con participación do público. Así finalizamos cunha enerxía alta e festiva este completo e variado espectáculo.

Elenco: Stephy Llaryora (única intérprete)

Idiomas: Galego, Castelán
Público: Adultos (16+)


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos


Mostrar actuacións pasadas

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!