De Ste Xeito Producións

Running, Unha Suorenta Comedia De Ste Xeito

Data de estrea: 05/04/2019
Non se atoparon valoracións
Teatro
Cartel Running De Ste Xeito en A Garda

Escrita e dirixida por Esther F. Carrodeguas, a obra ‘Running’ está protagonizada por Stephy Llaryora e Sergio Macías. Encarnan a Román e Xulia, que acaban de coñecerse. As súas vidas non son nada fáciles: Fillos e fillas de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Unha carreira de obstáculos para o seu amor. Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.

En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia.

Sinopse

Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro watsapp non tarda en chegar: “Quedamos? Veña si! Pero cando?”
Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. Como facer que as axendas cadren? E por outra banda: de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo?
Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.
En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia.

Neste exercicio teatral, os 2 ACTORES asumimos o reto de interpretar, ademais dos dous protagonistas desta comedia, a tod@ s os personaxes das familias dos dous e da súa contorna, con algunhas aparicións tamén de personaxes televisivos e entrevistadores para retratar o noso mundo saturado de información televisiva e cibernética. Nun total de 20 PERSONAXES entre os 2.
Como veredes trátase dunha vertixinosa peza cómica con mensaxe final… parodia da nosa ocupadisídima vida actual coas súas eternas présas, ese maratón de teléfonos, móbiles, obrigacións familiares, persoais e laborais… que pretende reflexionar sobre a cabida que pode ter nesta acelerada dinámica “sempre Running” o amor, e en última instancia a relación cun mesmo.

Ficha técnica/artística

  • Directora e dramaturga: Esther F. Carrodeguas
  • Actores: Stephy Llaryora e Sergio Macías
  • Produción: Steve Dominguez Fernandez e Stephy Llaryora.
  • Deseño de Luces: Javier Quintana
  • Imaxe: Audiovisuales Francisco Benitez
  • Traballo de Corpo: Noelia Blanco
Duración: 75 minutos
Idiomas: Galego, Castelán
Público: Tódolos públicos


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos


Mostrar actuacións pasadas

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!