Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés

De Raíz

Non se atoparon valoracións
Folclore

“De Raíz”, I Mostra de Música e Baile Tradicional, é a ferramenta a través da cal o grupo artístico da Asociación Cultural Traspés quere achegar ao público parte do traballo desenvolto polos seus integrantes ao longo destes anos. Desde Traspés tentamos amosar parte do patrimonio inmaterial de Galicia, sendo rigorosos cos traballos de campo realizados, e tratando de que a comunicación co público sexa directa, doada e lúdica.

Esta I Mostra é o resultado do traballo do corpo de baile, pandereteiras, pandereteiros e charanga ao longo do ano 2013. Con ela faremos posible unha viaxe virtual por toda a xeografía galega, de norte a sur e de leste a oeste. Escoitaremos músicas das catro provincias e coñeceremos características dos seus bailes, ritmos, xeitos de tocar e cantar, etc.

Público: Tódolos públicos


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!