Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés

Pontevedra

Non se atoparon valoracións
Folclore

Nesta ocasión centramos o foco na provincia de Pontevedra. Son moitos os concellos, as parroquias ou os lugares que contan con informantes que lembran con moito detalle como facían aquelas festas, como soaban aquelas gaitas e pandeiretas. As músicas, os bailes, os cantares, as historias de Pontevedra, engárzanse neste espectáculo a modo dos de Varietés de principios do século XX, para achegar ao público sensacións evocadoras da cultura popular desta parte sur de Galicia.

Todo isto da man dunha contacontos, seis voces femininas, nove voces masculinas, unha charanga tradicional (dous clarinetes, saxo alto, saxo tenor, dúas gaitas, acordeón, caixa, bombo con pratos e pandeireta) e oito parellas mixtas de baile.

Herdeiros pois daquelas fontes teatrais denominadas opereta, ópera cómica ou comedia musical, Donas e Cabaleiros, pasen e vexan, escoiten, sintan. Traspés presenta PONTEVEDRA.

Público: Tódolos públicos


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!