Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés

De Serán en Romaría

Non se atoparon valoracións
Folclore

“De Serán en Romaría”, é o I Espectáculo de Baile e Música Tradicional da A.C. Traspés, que achega ao público pinceladas do noso patrimonio inmaterial (en moitos casos xa esquecido da vida cotiá dos galegos e galegas), dando vida a usos, costumes e traballos que noutro tempo adoitaban rematar dunha maneira festiva.

Traspés traslada ao público a case un século atrás a través dos relatos, ou memorias, dunha persoa maior que fai de fío condutor a través dunha retroproxección e nos encamiñará polas súas vivencias ao longo dos seus tempos mozos. Todo isto acompañado de material audiovisual, que axuda a dar este salto no tempo sen dificultade. E así, espertar no espectador todo tipo de sensacións (nostalxia, ledicia, morriña… quizais nos maiores) e abrir unha nova fiestra ao público máis novo, posuidor dun xeito de vida totalmente afastado do que se pretende amosar.

Público: Tódolos públicos


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!