Sés

Persoa de contactoMaruchy Suárez
Teléfono667 706 241
Correo electrónicomaruchy.mirmidongmail.cm
Webhttps://ses.gal/
Historia

SÉS é o fenónemo musical dos últimos anos da escea galega. A chegada desta cantora coruñesa supuxo unha auténtica revolución que se plasma tamén en cifras, 7 discos en 9 anos, miles de copias vendidas, chegando a ter dous discos entre os máis vendidos do estado, “Opoñerse á extinción”, no número 85 (dúas semanas no top100) e “Liberar as arterias” no número 34 (catro semanas no top100), e miles de entradas vendidas nos seus concertos, facendo sold out en todos os recintos galegos e tamén en cidades como Madrid, Barcelona, Valencia ou Bilbao.  

En 2020 cruzou o charco nunha xira que a levou a Arxentina, Uruguai, Paraguai e O Salvador. Cunha carreira que non parou de medrar desde que publicou o seu primeiro disco en 2011, SÉS, triunfou na Galiza e máis aló grazas á súa proposta ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, con espazo tamén para a alma de “cantareira” que hai no seu interior.

Discografía

  • “Liberar as arterias” (2020)
  • “Rabia ao silencio” (2019)
  • "Readmirando a condición" (FolMúsica 2017)
  • "Opoñerse á extinción" (FolMúsica 2016)
  • "Tronzar os Valos" (FolMúsica 2015)
  • "Co Xenio Destrozado" (FolMúsica 2013)
  • "Admirando a Condición" 2011
Facebookhttps://facebook.com/mariaxosesilvar
Twitterhttps://twitter.com/mariaxosesilvar
Instagramhttps://instagram.com/ses_musica/
YouTubehttps://www.youtube.com/channel/UCNfI…1v6cA
Spotifyhttps://open.spotify.com/artist/7kl9f…ypfNF
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!