Ghazafelhos é unha compañía de teatro nacida en Narón no ano 2006, e especializada no teatro para público familiar.
Correo electrónico | infourdime.net |
Web | https://urdime.gal/project/teatro-ghazafelhos… |
Compoñentes |
|
Historia | Teatro Ghazafelhos é unha compañía nacida na comarca de Ferrol no ano 2006 e creada por Montse Piñón e Pepablo Patinho. Centrándose no traballo de títeres, animación e teatro actoral especialízanse na realización de obras teatrais para público familiar. Na súa andaina como compañía realizan contacontos, mímica, títeres,... e talleres de teatro para grupos infantís e de adultos. Adoptando ideas como as de Michael Ende en Momo de “escoitar aos demáis...”o Antoine Saint Exupéry, “O esencial é invisible aos ollos....” e intentando contar historias simples e profundas como Charles Chaplin, Ghazafelhos soña con evocar nas súas historias ás grandes xenialidades que entenderon o máis efímero da vida: a infancia… |
https://www.facebook.com/ghazafelhos/ | |