Ghazafelhos é unha compañía de teatro nacida en Narón no ano 2006, e especializada no teatro para público familiar.
Pinocchio
Presentación
Adaptación libre da obra de Carlo Collodi por Pepablo Patinho. Teatro Ghazafelhos, coa colaboración de Rigoletto Teatro, deciden contarnos a historia de Pinocchio. Un títere universal que nos enche de risa e emoción, e que agacha un segredo no seu corazón de bidueiro. Cunha posta en escena que combina os monicreques, o teatro, e música en directo abriremos unha porta a unha emocionante aventura que nos amosará un camiño cheo de humor e sensibilidade.
Sinopse
Pinocchio agocha un segredo no seu corazón de bidueiro, un segredo que quere compartir c@s nen@s. Cunha atractiva posta en escena, Teatro Ghazafelhos abre unha porta a unha emocionante aventura na que mostrarán ao público un camiño cheo de humor e sensibilidade. A compañía conta para este espectáculo – adaptado por Pepablo Patinho Penya – coa presenza no escenario do pianista Cristian Leggiero e a cantante Paty Lesta.
Ficha técnica/artística
- Elenco: Pepablo Patinho, Montse Piñón, Jorge Casas, Paty Lesta e Cristian Leggiero
- Música: Cristian Leggiero
- Guión e dirección: Pepablo Patinho
- Equipo técnico: TEDAGA
- Deseño cartaz: Nuria Díaz
Publicar unha valoración
Debes iniciar sesión para enviar valoracións.