Teatro Ghazafelhos

Iriña bailarina

Data de estrea: 15/03/2016
Puntuación: 4/5 (1 valoracións)
Teatro


Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de caixiña de música e un único desexo; xogar sen límites para medrar sen “medidas”. Ghazafelhos propón reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais . Iriña bailarina esculca na ruptura de roles convencionais a través dunha bailarina que vive nunha caixa de música e que devece por poder saír do espazo que a anoa a dar voltas sen cesar para poder xogar ao futbolín, ser pirata ou mesmo, se quere, poder engordar, isto é, para romper ou modificar a súa propia sorte ou fado. O espectáculo está baseado no conto do mesmo título de Cristina Justo e Paloma Rodriguez da colección “A igualdade conta” de Ed. Embora.

FICHA ARTÍSTICA

Dirección e adaptación: Pepablo Patiño
Intérpretes: Pepablo Patiño, Móntse Piñón e Jorge Casas
Espazo sonoro: Jorge Casas
Escenografía: Teatro Ghazafelhos
Vestiario e maquillaxe: Montse Piñón

Duración: 50 minutos
Idiomas: Galego
Público: Familiar


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos


Mostrar actuacións pasadas

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!