Nelson Quinteiro Producciones

Flashtop Cabaret

Data de estrea: 13/08/2007
Non se atoparon valoracións
TeatroMúsicaDanza


Un asalto escénico que converte as rúas en unha auténtica festa seguido dun espectáculo de cabaré ao máis puro estilo berlinés.

Dinamización comercial, street márketing e cabaret de impacto ou de guerrilla.

Unha proposta que combina a filosofía do flashtop como método de intervención urbana pero entroncándoo co cabaret: o seu ritmo, a súa cor, a súa frescura, a súa música alegre e divertida, o seu descaro, a súa provocación, a súa forza e a súa presenza escénica.

Para todos os públicos, quedándonos co lado máis desenfadado e circense do xénero, facendo do espectáculo unha proposta que conecta tanto co público máis maior, que revive tempos inalcanzables así como o público infantil, os nenos e nenas, que quedan entusiasmados co colorido, alegre e enérxico da proposta.

Unha montaxe de rúa que converte as prazas nun music-hall, as alamedas en voulevards, as praias ou areais en escenario casual dun can-cán.

En definitiva, unha auténtica festa que mediante accións de impacto, vistosas coreografías, xogos de interacción cos paseantes chea de cor calquera contorna.

Dispoñible en diferentes formatos, en función da produción. Dende accións puntuais a pasarrúas ou en versión de escenario, ofrecendo unha completa gala de cabaret berlinés atemporal de 120 minutos con todo tipo de variedades.

Público: Tódolos públicos


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos


Mostrar actuacións pasadas

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!