Nelson Quinteiro Producciones

Os Apalpadoriños

Data de estrea: 11/11/2019
Non se atoparon valoracións
TeatroMúsicaDanza
Os Apalpadoriños - Nelson Quinteiro Producciones

Presentación

Como espectáculo, os “Apalpadoriños” ofrecen un animado concerto e contacontos con danza, contos e xogos de participación en galego, escollendo un repertorio de panxoliñas e cantos populares adaptados á figura do Apalpador. “Os Pitiños”, “O pelo Roxiño”, “Ghedellos de Cabra”,”Miñas Cousas”, “Nun Bou”, “O Malhao”, nunha viaxe pola xeografía galega onde van deixar os agasallos. 

“Os Apalpadoriños” foron estreados como espectáculo residente do Festival “O Bosque de Nadal” en Viveiro O Piñeiro (Pontevedra), e tiveron unha campaña de Nadal increíble, estando en Marín no Acendido das Luces de Nadal, en Salceda de Caselas, como compañia residente do Festival “Pequeno Circo de Nadal”, na programación “Tempo de Nadal” no Concello de Pontevedra con cinco pasarrúas ao longo das festas e cabalgata de Reis, en Rois, en Poio, no Centro Comercial A BARCA, en Vilanova… 

Sinopse

Dende o lugar máis agochado do Courel chegan o Xigantón do Apalpador e máis a Apalpadora Xigante, dous títeres de máis de 3 metros de alto ós que acompañan “Os Apalpadoriños”, elfos rústicos e axudantes destes personaxes que propoñen un xeitoso espectáculo, tanto itinerante e de pasarrúas como de sala, praza, carpa ou escenario.

Os Apalpadoriños son músicos, bailaríns, animadores, e propoñen unha festa moi pero que moi animada a través de música galega, as panxoliñas, os cantos de reis e os xogos rítmicos e de movemento. 

Un equipo magnífico e unha festa rachada para cantar, brincar e bailar, con unha fabulosa trepulación artística e unha posta en escena coidada, co Xigantón do Apalpador, a Apalpadora Xigante e 6 elfos rústicos compañeiros/as desta figura con unha caracterización moi singular. 

 

Ficha técnica/artística

  • Director/a: Nelson Quinteiro Roa

  • Intérpretes: 

    • Álvaro Cardalda (acordeón)

    • lago Prieto (gaita)

    • Nelson Quinteiro (voz, ukelele, caixón e percusión)

    • Yohel Santos (animación), entre outros/as.

 

Público: Tódolos públicos


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos


Mostrar actuacións pasadas

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!