Productora artística especializada en servicios de comunicación corporativa, street marketing y animación, danza y teatro en la calle. Dinamizamos eventos con foodtrucks, y somos creadores de festivales relacionados con el mundo del circo, el cabaret y la cultura popular.
Novecento Cabaret

Un espectáculo de danza-teatro e cabaré pensado para prazas e escenarios en aberto.
Plenamente evocador. Unha viaxe polas emocións, o arte e a música que recrea as vangardas e movementos políticos de principios do século XX.”
Un espectáculo de escenario que nos traslada a principios do século XX, a un periodo marcado pola guerra e a aparición das primeiras vangardas. Innovador, cunha estética “vintage”, e unha fórmula escénica que crea imaxes evocadoras e emocionantes entroncadas co aspecto cinematográfico.
Creado e artellado como unha experiencia para todos os públicos, convírtese nun percorrido polas artes e a beleza, con un pequeno toque revolucionario.
Unha peza inspirada na película “Novecento” de Bernardo Bertolucci, coa que comparte título.
O espectáculo preséntavos a unha familia acomodada, dedicada á industria conserveira, que vive no ideal das vangardas, no concepto de arte pola arte, da ” vie bohéme”, da alegría, do amor por encima de todas as cousas, que coa chegada da guerra atópase coa crueza desta nova realidade: coa fame, co medo e a violencia.
Motivados polo seu espírito vangardista, polos seus ideais e a a súa rebeldía, inician unha viaxe cara ás novas correntes artísticas, atopando refuxio no mundo do cabaré, un lugar onde gozar da liberdade, a verdade, a beleza e o amor, alicerces do seu manifesto.
Un espectáculo para todos os públicos, apto tanto para teatros como para prazas, carpas ou eventos ao aire libre.
Na súa versión máis recente contamos con pintura ao vivo e performance con hula hoop da man de Alba Troiteiro, música en directo a cargo de Álvaro Cardalda, lago Prieto e Nelson Quinteiro, danza que vai dende a muiñeira, o tango, o cuplé ou o cabaré e moitas cancións e coreografías.
Un evento que se converte nunha experiencia festiva, de alegría, diversión e emoción.
Concepto e dirección: Nelson Quinteiro Roa
Intérpretes: Alba Fernández Troiteiro, Nelson Quinteiro, Yohel Santos, María Cordeiro, Laura Casas, Vero Guerra Fandiño, Kathy Sánchez, Uxía Vázquez Mosteiro, María Polo Piñeiro e elencos variables.
Publicar unha valoración
Debes iniciar sesión para enviar valoracións.